Historia de Candeán

Inicialmente pertencía ao antigo concello de Lavadores. En Candeán viven 4.699 habitantes, segundo os datos máis recentes. A parroquia está presidida por dous cumios, os dos montes da Madroa, e do Vixiador, dende os que se pode ver unha ampla perspectiva da ría e de Vigo.

Casa dos Mouros - Candeán

Casa dos Mouros – Candeán

A parroquia conserva pegadas de asentamentos prehistóricos como petroglifos e dolmens. Tamén existen restos dunha vella construcción medieval defensiva denominada polos veciños “Da Torre”. A orixe de Candeán como parroquia remóntase a fins do século XVIII aínda que non é ata comezos do XIX cando se constrúe a actual igrexa de San Cristovo. No interior do cemiterio se topa un dos dous cruceiros cos que conta a parroquia, realizado probablemente no 1887. Nas abas da Madroa, e pertencendo xa ó barrio de Teis ;-), ademais dun monumental dolmen coñecido por Casa dos Mouros, atópanse o zoolóxico de Vigo, único de Galicia con máis de 600 animais, hoxe convertido nun centro de estudio e recuperación de especies autóctonas e as instalacións deportivas auxiliares do Real Club Celta.

O segundo domingo de setembro celébrase en Candeán a Festa dos Pexegos na que, anteriormente, tomaban parte danzas copiadas das parroquias veciñas.

Candeán Se queres saber algo máis sobre o noso patrimonio, podes pinchar na imaxe inferior e coñecer a nosa Área Etnoarqueolóxica:

Área etnoarqueolóxica Candeán

Deja un comentario